Nace www.xuventudevigo.org, portal especializado en información e recursos xuvenís
O espacio conta con case 90 páxinas diferentes que ofrecen unha exhaustiva información sobre a actividade da concellería de Xuventude. De momento, ten insertadas unhas 40 fotografías, se ben o número irá medrando a medida que a páxina vaia sendo alimentada. Toda a información, tanto verbal coma gráfica, está optimizada de tal forma que ocupa pouco espacio para permitir unha navegación moi áxil.
A través da nova web, os usuarios poden ademáis deixa-las súas opinións nun foro, realizar tódalas suxerencias que desexen, participar nos distintos programas, e incluso participar en sesións de chat co concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez.
Información e servicios
O espacio está básicamente dividido en duas seccións: información e
servicios. A primeira recolle novas de actualidade, convocatorias de ocio e tempo libre, premios e concursos, cursillos e xornadas, axudas e subvencións, emprego, educación, drogas, sexo, asociacións, voluntariado e vivenda.
En canto ós servicios, ofrécense tódolos que oferta a concellería, desde a información xuvenil presencial (na Casa da Xuventude, en Uruguai,9 e no Infobús), ata os servicios da propia Casa, as Ludotecas, os programas de exposicións Mirarte, de música Toca Vigo, a Factoría de Ideas de Móvete con Vigo, as Noites Vivas, Súbete ó Castro, un directorio con contactos de interés xuvenil, o foro e o servicio de correo electrónico.
En canto ás partes interactivas destacan o chat co concelleiro, que se celebrará en datas concretas que serán anunciadas con tempo suficiente, e as múltiples opcións que ten o usuario de comunicarse coa concellería para propoñer actividades novas, realizar suxerencias ou expresarse no sentido que queira.
Tamén aparecen 4 enlaces animados que dan acceso directo a capítulos de maior actualidade ou opcións participativas, como o que leva ó programa de Noites Vivas, á Escola Obradoiro Bidueiro II, a expresar ideas ou propostas, ou á páxina de participación na que se recollen o foro e o chat.
Datos en tempo real
Os espacios de información foron os máis coidados, pois preténdense ofrecer datos de convocatorias e recursos xuvenís case en tempo real. Deseñouse un hábil motor de introducción da información, de tal maneira que os encargados de cada temática informativa poden ir introducindo datos con gran facilidade, quedando no momento publicados na rede en forma de fichas de consulta. A caducidade da súa publicación é automática, para non ofrecer ós usuarios ofertas xa imposibles.
Tódalas fichas ademáis conteñen datos sobre dónde conseguir máis información, e a maioría dos apartados conteñen un espacio con preguntas máis frecuentes. As consultas que se realicen sobre temas específicos como sexo ou drogas, derívanse ós servicios especializados habituais para seren tratadas da forma máis confidencial, segura e profesionalizada.
Outros espacios especialmente destacables polo seu contido son o Toca Vigo,donde ademáis dos datos do programa, local de ensaio, etc., aparecen fichas de tódolos grupos vencellados, con teléfonos de contacto. Outros programas como o de exposicións ”Mirarte” tamén ofrecen información sobre as exposicións pasadas, as programadas e os seus protagonistas. O programa ”Súbete ó Castro¹, que ten a súa propia web, conéctase coa principal a través dun link. Tamén aparecen desenvolvidos espacios dedicados a Noites Vivas ou á Escola Obradoiro Bidueiro 2, que se encarga de realizar obra no Castro en colaboración coa entidade Erguete Integración.
Actualización constante
O sistema de actualización da web permite mantela constantemente viva, non só polo motor interno que posibilita a inserción continua de datos, senón tamén pola facilidade operativa para enxergar microsites ou realizar accións sorpresas como concursos ou chats específicos sobre calquera tema requerido pola actualidade.
Descargar todas as imaxes