Numerosas persoas achegáronse á carpa instalada no Día Mundial da Diabete
Os concelleiros Santiago Domínguez, Uxío González e Henrique Vieitez visitaron a carpa instalada na rúa do Príncipe con motivo da celebración do Día Mundial da Diabete. Numerosas persoas achegáronse para medir os niveis de glicosa no sangue e conseguir información sobre esta enfermidade.
A diabete é unha enfermidade común que lle afecta ao 6% da poboación. A frecuencia aumenta coa idade de modo que, por enriba dos 70 anos, a padece o 15% das persoas. Na carpa distribuíronse folletos explicativos sobre a relación e coidado da vista e dos pés nos enfermos de diabete.
A Asociación de Diabéticos de Vigo pretende conseguir que esta doenza non represente dificultades para quen a padeza e erradicar a anomalía diabética mediante a estimulación da investigación científica, segundo explicou o seu presidente, Antonio López.
O colectivo de familiares, amigos e profesionais da sanidade que integran a asociación proporcionan a información diabetolóxica que representa un piar básico do tratamento. Organiza cursiños, ofrece asesoramento, representación perante os organismos oficiais e fai chegar o contido de publicacións especializadas sobre diabete aos seus asociados.
Descargar todas as imaxes