O Memorial ”Enrique Macías no seu tempo” celebrarase no Marco
A Fundación Laxeiro organiza o II Memorial Enrique Macías de música contemporánea que se celebrará do 18 ao 20 de novembro no Museo de Arte Contemporánea. ”Este evento é unha aposta valente polos novos valores da música contemporánea”, sinalou o concelleiro Carlos Príncipe.
O programa deste memorial é unha referencia da música contemporánea en Galicia e os asistentes terán unha panorámica do ambiente cultural no que se moveu Enrique Macías, afirmou Príncipe. As actuacións desenvolveranse no Museo de Arte Contemporánea, ”que é unha plataforma que se debe encher con actividades da sociedade civil”, sinalou o concelleiro.
O director artístico, Manuel Rodeiro, destacou que Macías foi un compositor pioneiro en experimentar coas correntes do seu tempo e na busca de espacios para a interpretación. ”O memorial segue unha política de estreas con obras retrospectivas e antolóxicas da súa figura”, dixo.
O xerente da Fundación Laxeiro, Javier Buján, expresou a súa satisfacción por contar coa participación de intérpretes de talla mundial.
Nesta ocasión, o festival está adicado á época de Enrique X. Macías, estructurada en tres ámbitos: Galicia, España e Europa. Seguindo este esquema, o luns 18 de novembro será lugar a presentación do Ensemble Nordesía. Unha nova formación de xoves intérpretes como o violista norteamericano David Quiggle, a pianista Berta Fresco, o clarinetista Felipe González, o violinista Marcos Escobar e o celista David Ethève. Especializados en música dos séculos XX e XXI que, malia a súa mocidade, teñen xa unha grande experiencia concertística. O Ensemble Nordesía interpretará pezas de compositores coetáneos a Enrique Macías do ámbito galego, dando unha visión panorámica do contexto musical galego nos últimos vinte anos. Así, se poderá escoitar obras de Xan Viaño, Manuel Balboa, Rogelio Groba, Antón L. Pulido e o propio Enrique Macías.
O martes 19 de novembro o concerto estará adicado ó panorama español con pezas de Luis de Pablo, José Manuel López, César Camarero e Enrique Macías. A intepretación estará a cargo do prestixiso grupo madrileño Trío Arbós, unha das formacións españolas de maior proxección internacional na música contemporánea.
O festival rematará o mércores 20 de novembro coa actuación do violoncelista Pierre Strauch, membro do Ensemble Intercontemporein que fundara Pierre Boulez en París. Esta velada estará adicada ó panorama europeo e se poderán escoitar pezas de Emmanuel Nunes, Bernd Alois Zimmermann, o popio Pierre Strauch e Enrique X. Macías.
Se na primeira edición o festival se volcou na nova creación coa interpretación de nove estreas de xoves intérpretes españois, nesta segunda edición, a dirección do festival pretende contextualizar no seu tempo a figura de Enrique X. Macías, unha “asignatura pendente” na programación musical galega que con esta iniciativa se pretende subsanar.
Programa
Luns 18......21.00 h. Salón de actos do MARCO
I. En Galicia
Visións serias (1989).....Xan Viaño (1960/91)
Tombeau (1995)........Manuel Balboa (1958)
Llaxeiriana (1992).........Rogelio Groba (1931)
Trio* (2002)...........Antón L. Pulido (1971)
De fóra (1993).........Enrique X. Macías (1958/95)(de Iubilaeum)
Ensemble Nordesía
Felipe Glez. Agell.......clarinete
Berta Fresco.......piano
Marcos Escobar.......violín
David Quiggle.......viola
David Ethève.......violoncello
*Encomenda da Deputación de Ourense para o II Memorial Enrique X. Macías
-Martes 19 21.00 h. Salón de actos do MARCO
II. En España
Trío (1993)........Luis de Pablo (1930)
Sonata (2001).........José Manuel López López (1956)
A través del sonido de la lluvia (2000)........César Camarero (1962)
Paráfrasis (1989).........Enrique X. Macías (1958/95) (de Sonata)
Trío Arbós
Miguel Borrego......violín
José Miguel Gómez......violoncello
Juan Carlos Garbayo......piano
Berta Fresco.......piano
-Mércores 20....21.00 h. Salón de actos do MARCO
III. En Europa
Einspielung II (1980).......Emmanuel Nunes (1941)
Sonata (1960).......Bernd Alois Zimmermann(1925/75)
Tonada de San Pablo (1997)........Pierre Strauch (1947)
Estrofas (1994)..........Enrique X. Macías (1958/95)
Pierre Strauch......violoncello
Descargar todas as imaxes