Vigo afondará na relación "máxica e mítica" que ten nas obras do escritor universal Julio Verne
Abel Caballero avanzou que a cidade estreitará lazos coa obra de Julio Verne en colaboración coa Sociedade Verniana, unha iniciativa que enmarcou na actividade cultural e turística. Esta mañá mantivo un encontro con representantes desta asociación para coñecer con máis profundidade o seu proxecto. <br />
O Concello e a Sociedade Verniana colaborarán para afondar na relación da cidade co escritor Julio Verne que situou Vigo no centro das súa novelas. A través da publicación de libros e artigos, imos continuar na relación "mítica e máxica" que se establece en libros como 20.000 leguas de viaje submarino. Ademais da importancia cultural desta colaboración, Caballero aludiu a unha dimensión turística "moi importante", explicando que unha relación da cidade con Verne xa foi usada na promoción da cidade en París. O rexedor mantivo esta mañá un encontro con escritores e xornalistas que forman parte desta iniciativa como Eduardo Rollánd, Javier Viana e Alberto Alonso.
Descargar todas as imaxes