O Goberno municipal cumpre o compromiso de rematar a humanización da rúa Toledo

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Goberno municipal está a cumprir o compromiso que tiña adquirido cos veciños de rematar a humanización da rúa Toledo. Así o manifestou durante a visita que realizou esta mañá aos traballos que están a acometer parte dos 102 traballadores contratados no programa de emprego municipal Vigo Emprega.

venres, 16 nov 2012
1353086342toledo.jpg
O alcalde, Abel Caballero, visitou esta mañá as obras da do tramo da rúa Toledo pendente de humanizar. Trátrase, dixo, dun compromiso que adquirimos nas pasadas eleccións locais é "estos a cumplilo", lembrou. Estes traballos están a ser realizados por persoal do programa municipal Vigo Emprega, que da traballo a 102 vigueses e viguesas, programa que conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Tal e como explicou, as obras que se están a realizar pasan pola construcción de beirarrúas e cambio de pluviais, matizando que hai un tramo de 10 metros que haberá que expropiar posto que non se chegou a acordo cos propietarios. Durante a súa comparecencia, detallou que o Vigo emprega está a facer traballos en Castrelos, Cabral, Lavadores, Barreiros, entre outras zonas da cidade.

O número de rúas que se están a humanizar nestes momentos achégase a 40, o que supón 2.400 traballadores directos e inidirectos, "a maior fonte de creación de emprego nesta cidade", puntualizou, para engadir que estes investimentos tamén permiten facer "un Vigo novo, con atractivo turístico e comercial".


Plan de emprego
A Xunta Local de Goberno deu luz verde esta mañá a dous convenios o plan de emprego municipal. Un deles, correspóndelle á asociación Erguete-Integración e supón 23.700 euros para xerar 8 empregos. O segundo asinarase con Asetranspo (Asociación provincial de Empresarios del Transporte Público de Mercancías de Pontevedra), que recibirá 2.250 euros para xerar 1 posto de traballo. Estes 26.000 euros para a creación de 9 postos de traballo que se asinaron esta mañá, sumounos o rexedor aos 1,9 millóns de euros investidos ata o de agora para crear 219 postos de traballo, unha cifra que vai chegar aos 325 empregos, aclarou.


Descargar todas as imaxes