Escoitar

O Concello concede 100.000 euros a UXT e CCOO para formación e orientación laboral

Dentro do Plan Municipal de Emprego 2012, os sindicatos UXT e CCOO recibirán 100.000 euros para actividades de formación e orientación laboral, tal e como oaprobou esta mañá a Xunta Local de Goberno. En total o investimento municipal en políticas de emprego superará este exercicio os 7 millóns.

venres, 14 set 2012
O Plan Municipal de Emprego 2012 deu hoxe venres un paso máis ao aprobar a Xunta Local de Goberno dous proxectos de convenio de colaboración con UXT e CCOO. Cun importe de 50.000 euros cada un, os sindicatos se comprometen a organizar actividades de información, formación e orientación laboral. O rexedor lembrou que o investimento en políticas activas de emprego na cidade superará este ano os 7 millóns de euros.

Na Xunta Local de Goberno desta mañá tamén se ampliaron en 150.000 euros as axudas municipais para libros, material escolar e comedor para este curso. 40.000 euros serán destiñados á bolsas de libros para educación infantil, que beneficiarán a 571 estudantes e 810.000 se adxudicarán como axudas de comedor, para un total de 3.813 alumnos. Este incremento, calculou o rexedor, supón un incremento do 30% respecto do ano pasado.

Continando coa educación, Caballero deu conta da aprobación do plan de seguridade e saúde para o inminente comenzo das obras de adecuación do edificio de tres plantas que albergará a Escola Infantl Mestres Goldar, en Castrelos. Os traballos comezarán a próxima semana e prolongaránse sete meses.

Por outro lado, o alcalde aproveitou para anunciar o peche do prazo para presentar ofertas no proceso de licitación dos novos centros infantís de Casiano Martínez e Tomás Alonso. Son sete as empresas que aspiran a xestión destas escolas que ofertarán 144 novas prazas e que abrirán as súas portas o próximo 28 deste mes de setembro. Deste xeito, a cidade dispondrá de 700 prazas en escolas infantís, o que supón un investimento de preto do millón e medio de euros.

Na reunión de goberno semanal desta mañá tamán se ampliaron en 60 as bolsas de inglés que outorga o Concello este ano, polo que xa son 447 os alumnos beneficiados. 375 son de 4º da ESO e 72 da Escola Oficial de Idiomas. O rexedor cifrou o investimento destas axudas en máis dun millón de euros e avanzou que mañá sábado partirán desde o aeroporto de Vigo os primeiros 99 estudantes.