Escoitar

O rexedor celebra que o Goberno Central invista 20 millóns de euros na potabilizadora de O Casal

Abel Caballero amosouse hoxe venres "encantado" co anuncio do Miniserio de Medio Ambiente de investir 20 millóns de euros na mellora da pranta potabilizadora de O Casal. Trátase, lembrou, dunha reiterada demanda do Concello que xa fora acordada co anterior Executivo Central.

venres, 14 set 2012
1347640011abel.JPG
O alcalde de Vigo celebrou esta mañá o anuncio do Ministerio de Medio Ambiente de investir 20 millóns de euros na pranta potabilizadora de O Casal "porque, por fin, poñen as cousas onde as deixou o anterior Goberno Central". Caballero ennumerou os contactos que estableceu co anterior Executivo ata que esta petición de mellora obtivo o compromiso de investimento da ex ministra Rosa Aguilar. Polo tanto, dixo, este anuncio da resposta a unha reiterada demanda do Goberno local que xa fora acordada cos anteriores responsables do Ministerio de Medio Ambiente.
Descargar todas as imaxes