Díaz compara os 34,01 días que tarda de media o Concello en pagar aos proveedores cos 71 días que demora a Deputación
Raquel Díaz explicou hoxe xoves que no segundo trimestre deste ano o Concello fixo 2.287 pagos por un total de 24,4 millóns de euros e nun prazo medio de 34,01 días, tal e como recollen os informes de Intervención e Tesourería. A concelleira animou a outras administracións , como a Deputación, que ten un periodo medio de pago de 71 días a ser máis "dilixentes" no pago a proveedores porque "estamos a falar de autónomos e pemes que dependen dos pagos das administracións".
Cos informes de Tesourería e Intervención que van dirixidos ao Ministerio de Facenda na man, Raquel Díaz apuntou que no segundo trimestre do ano o Concello fixo 2.287 pagos por un total de 24,4 millóns de euros e nun prazo medio de 34,01 días, é dicir, por debaixo do prazo legal establecido en 40 días polo Goberno de España "o que demostra liquidez e solvencia". Logo de felicitar aos responsables do pago a proveedores dos distintos departamentos municipais, animou a que outras administracións " a que actúen igual que nós porque "estamos a falar de autónomos e pemes que dependen dos nosos pagos". Referiuse á Deputación, que ten un periodo medio de pago de 71 días, o dobre que o Concello, e que entre abril e xuño so fixo pagos por valor de 3,7 millóns "o que demostra que non ten a mesma liquidez que Vigo para afrontar todos os seus pagos. En todo caso, proseguiu, o máis "preocupante" é o periodo medio de pago pendente, situado en 354 días polo "lles facemos un chamamento para que sexan máis dilixentes". Tamén se referiu á Xunta de Galicia, que recoñece pagos con medias superiores aos 40 días.
Respecto dos niveis de endebedamento, o último informe de Intervención das contas de 2011, fala de remanentes de 80,3 millóns de euros o que, na súa opinión, permite facer fronte a todos os pagos. Neste apartado, as contas da Deputación revelan uns remanentes de 8 millóns de euros, "dez veces menos que o Concello". Durante a rolda de prensa, aludiu a concelleira ao esforzo pola creación de emprego e prestación de servizos comparando 2012 con 2006, "un ano de bonanza económica", matizou. En 2006 o Concello de Vigo gastaba 515 euros, mentres que en 2011 esa cifra chega aos 646 euros, subiu un 25%, "sendo este un ano moito máis complicado para a situación económica", aseverou. No tocante ao investimento por habitante, pasou de 58,01 euros de 2006 a 152,34, é dicir, triplicouse. Ao mesmo tempo que se reducía a metade os gastos financeiros por vigués, que pasaron de 75 euros en 2006 a 43,23 en 2011.
Proseguiu indicando que no último orzamento aprobado polo PP en 2005, tal como recolle informe de Intrevención, a débeda era de 85.991.000 euros, cunha operacón de préstamo de 18,5 millóns de euros, o que suporía nivel de endebedamento do 47,7%. Frente a isto, no ano 2011, o endebedamento con entidades financeiras foi do 25,8%, "a metade do que tiña o PP no ano 2005", matizou.
No último exercicio no ano 2011, subliñou, a débeda da Deputación con entidades de crédito era de 105,6 millóns, o que representa un nivel de débeda do 83,82% tal e como recolle o informe de Intervención do organismo provincial. Segundo estes datos, a Deputación duplica a débada do Concello e "se sumamos os anticipos por liquidacións negativas temos que sumarlle outros 45,5 millóns, o que supón un nivel de dédeba do 125%, cando o límite legal é dun 70%". En Vigo, dixo, estamos no 25% e se consideramos as liquidacións negativas nos situamos no 37%, "moi por debaixo da Deputación, con menos niveis de débada e mellor situación que cando gobernaba o PP na cidade". Rematou lembrando que o PSOE cumpre coa cidade e paga nun periodo medio de 34 días. Hai liquidez para facer frente aos pagos, mentres que a media dos concellos en españa 99 días. "O Goberno de Vigo ten solvencia e liquidez para facer fronte a todos os seus pagos" enfatizou.
Descargar todas as imaxes