Escoitar

O goberno local adxudica o servizo de información cidadá 010 que no 2011 fixo 300.000 intervencións

O alcalde de Vigo explicou esta mañá que a empresa Outsourcing Signo Grupo Norte SA é a que mellor oferta presentou no concurso aberto de atención cidadá a través da liña telefónica do 010. A Xunta local de goberno do pasado venres un contrato por 4 anos, a unha proposta de 739.000 euros, un 5% menos do orzamento base de licitación, situado en 771.742 euros.

luns, 2 xul 2012
1341231131caballero.JPG
A Xunta de Goberno local aprobou o pasado venres 29 de xuño a adxudicación do servizo 010 á empresa con mellor oferta, Outsourcing Signo Grupo Norte, SA. A proposta económica foi de 739.000 euros, un 5% menos do orzamento base de licitación, situado en 771.742 euros.

A empresa Outsourcing Signo Grupo Norte SA é a que mellor oferta presentou no concurso aberto de atención cidadá a través da liña telefónica do 010. Tal e como informou o rexedor, o presuposto base de licitación era de 771.742 euros por catro anos, e a empresa adxudicataria presentou unha proposta de 739.190 euros, o que supón unha redución do 5%, ademais de ofrecer dez horas por riba das 238 semanales establecidas como mínimo. Durante a súa intervención, estacou que o 010 fixo máis de 300.000 intervencións, entre avisos, suxerencias, información ou campañas.

Alzheimer
A Xunta local de goberno tamén aprobou un convenio de colaboración coa asociación de familiares e enfermos de Alzheimer de Vigo, cunha aportación de 18.000 euros para a organización de talleres. Outro dos acordos tomados na reunión semanal de goberno foi a autorización da posta en marcha dun inventario dos depósitos de arqueoloxía que se recibiron no Museo de Castrelos entre novembro de 2011 e maio de 2012.
Descargar todas as imaxes