O alcalde resalta a "incuestionable" capacidade política de Fraga

Tras o seu pasamento, Abel Caballero destacou a última etapa de Manuel Fraga como redactor da Constitución, un dirixente de "incuestionable" capacidade política que deixou grande impronta na Comunidade Autónoma na súa etapa como presidente da Xunta de Galicia.

luns, 16 xan 2012
1326718916alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lembrou hoxe luns a Manuel Fraga resaltando a súa última etapa como redactor da Constitución Española, un dos país da Carta Magna. "Queremos, desde a Alcaldía, -indicou- sumarnos a recordar a unha figura dun dirixente de incuestionable e indubidable capacidade política, por riba de calquera outra cuestión".

Caballero, quen destacou o papel que Fraga tivo na política nacional, fixo especial fincapé ná súa etapa como presidente da Xunta pola "impronta que deixou en toda Galicia".
Descargar todas as imaxes