Escoitar

Caballero traslada aos sindicatos a súa "absoluta vontade" de pactar os orzamentos co BNG

Abel Caballero explicou esta mañá aos líderes sindicais de UXT, CCOO e CIG, cos que mantivo un encontro, a súa "absoluta vontade" de pactar os orzamentos co BNG. Logo de lembrar que nestes momentos o documento está parado ata coñecer as contas do Estado, indicou que "cando coñezamos as claves de ingresos e gastos, elaboraremos un borrador de orzamentos para negocialo co Bloque".

venres, 13 xan 2012
1326469260SINDICATOS.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse esta mañá con Antonio Juste, Xosé Cameselle e Serafín Otero, líderes de UXT, CCOO e CIG, respectivamente, nun encontro no que lles trasladou a súa "absoluta vontade " de pactar os orzamentos co Bloque. Ao longo desta reunión, que solicitaron os propios sindicatos, o rexedor avanzou que cando o Goberno municipal dispoña "das claves de ingresos e gastos " estará en condicións de elaborar un orzamento para 2012, e "será nese momento cando llo pasaremos ao BNG para comezar a negociar".

Subliñou que agora lle corresponde ao Goberno Central trasladar a uns 8.100 concellos de toda España os efectos das medidas económico financeiras que están a aprobar e, despois, -proseguiu- "reiteraremos a nosa vontade de pacto, de chegar a acordos e de escoitar propostas porque os orzamentos requiren de 14 votos".
Descargar todas as imaxes