Escoitar

Educación e a Foanpa programan unha conferencia de Emilio Calatayud para 300 escolares de 4º da ESO

A Concellería de Educación do Concello de Vigo, que dirixe Raquel Díaz Vázquez, colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPA), ten programado este venres 13 ás 11,00 hs no Auditorio Municipal "Cidade de Vigo", unha conferencia do xuíz de menores Emilio Calatayud á que asistirán preto de 300 escolares de 4º da ESO dos IES Alvaro Cunqueiro, IES Alexandre Bóveda, IES Beade, IES Sto. Tomé de Freixeiro, IES Rosais II e IES A Guía.

xoves, 12 xan 2012
maxistrado Emilio Calatayud, artífice de sentenzas educativas que teñen convertido a Granada nunha das cidades con menor número de delitos cometidos por menores. Para este maxistrado rehabilitan máis a libertade e a educación que os centros de internamento, e a base última das súas conviccións é que cree na posibilidade de cambio no ser humano.
A conferencia está prantexada para xóvenes de 4º da ESO, xa que nestas idades o risco de que se produzan condutas próximas ao delito é, por desgraza, bastante sensible e este maxistrado é quen de espertar nas conciencias xuvenís a crítica autónoma, a importancia de ter unha alta autestima, a coherencia persoal cun mesmo e a capacidade de asumir a responsabilidade dos feitos e das actividades que levamos a cabo. As verbas de Emilio Calatayud recollerán o sentir real do que están a vivir os/as xóvenes nas rúas, co grupo iguais (presións, toma de decisións individuais e colectivas, espírito crítico...) , a necesaria convivencia armónica baseada na educación a prol da proactividade nas conductas perxudiciais etc. Aproveitando tamén para expor as distintas medidas xudicias e de reinserción máis comúns e, as alternativas, propostas por maxistrados educadores coma el.
Emilio Calatayud Pérez (Ciudad Real, 22 de diciembre de 1955) é un maxistrado español, xuíz de menores de Granada coñecido polas súas sentenzas exemplares. Cando contaba trece anos, en 1968, o seu pai o internou por díscolo no Colexio Campillos de Málaga, un lugar con fama de estricto correccional; esta experiencia marcouno profundamente e orientou a súa futura especialización profesional. En 1977 licenciouse en Dereito (ICADE) na Universidade de Deusto. Accedeu á carreira xudicial en 1980 e foi destinado a Güímar (Tenerife) como xuíz de distrito. En 1984 é destinado aos xulgados de Granada e ascendeu a maxistrado no ano 1987. Se especializou como xuíz de menores e en 1988 é titular do Xulgado de Menores Único de Granada, donde exerceu como xuíz suplente de vixilanza penitenciaria. Entre 1993 e 2001 é decano dos xulgados de Granada. En 2007 publica o libro "Reflexiones de un juez de menores". En 2008 publica 'Mis sentencias ejemplares' (La Esfera de los Libros), que xa ten acadado as nove edicións.