A Biblioteca Pública Neira Vilas presenta nova programación
A Biblioteca Neira Vilas presenta a nova programación para o trimestre que comeza, no que continuarase coas actividades permanentes como o Sabadiño do Roque, os Estoxos Viaxeiros, a Hora dos contos ou o club de lectura; pero no que tamén se organizarán outras novas como o entroido e o día da poesía.