Escoitar

Caballero asegura que a prórroga dos orzamentos non retrasará as obras na cidade porque xa hai 25 millóns de euros adxudicados<br />

Abel Caballero explicou esta mañá que a prórroga das contas municipais do 2011 non afectará ao ritmo inversor na cidade posto que todos os investimentos en rúas xa están contratados asi que non se retrasan as obras na cidade. Incidiu en que xa hai 25 millóns adxudicados e que no orzamento irán en torno a 13 ou 14 millóns, "as obras xa están en marcha e continuarán cando se aprobe o orzamento".

martes, 10 xan 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu esta mañá en que as humanizacións na cidade están garantidas a pesar da prórroga das contas municipais de 2011 dado que todos os investimentos en rúas xa están contratados. Cifrou en 25 millóns de euros as obras adxudicadas e recordou que no orzamento irán en torno a 14 ou 14 polo que "as obras xa están en marcha e continuarán cando se aprobe o documento". Na súa intervención cos medios de comunicación, lembrou que durante os 6 u 8 primeiros meses do ano os orzamentos prorrogados permiten acometer todos os gastos que se precisan polo que "practicamente non imos notar se se aprobou o documento ou non".

Caballero reiterou que esta decisión trata de evitar aprobar uns orzamentos que "non sirvan para nada" porque cos datos dos que dispoñemos das decisións económicas tomadas polo Goberno Central, en abril habería que aprobar outro documento. Nas súas palabras, "evitamos aprobar un para dentro de catro meses ter que presentar outro".