O alcalde asegura que na zona de Balaídos investíronse 12 millóns de euros en catro anos "o dobre que en toda a historia da democracia"
Abel Caballero explicou esta mañá que desde que ostenta a Alcaldía da cidade os investimentos en melloras na zona de Balaídos ascenden a 12 millóns de euros, unha cifra "histórica" que significa que en "catro anos investiuse máis do dobre que en toda a historia da democracia". O rexedor fixo estas declaracións durante a inauguración formal do tramo entre Manuel de Castro e Eugenio Kraff que quedara sen humanizar antes das eleccións municipais, "polo que estamos a cumprir un co compromiso electoral e político".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou hoxe en 12 millóns de euros a cantidade "histórica" investida en mellorar a zona de Balaídos nos últimos catro anos o que supón "o dobre que en toda a historia da democracia". No balance que presentou aos medios de comunicación numerou obras nas sequintes rúas: Espedrigada: 280.000 euros; Eugenio Kraff (Fases I y II): 600.000 ; reposición aceras en Avda. Fragoso e Eugenio Kraff: 150.000 euros; Avda Alcalde Portanet (Fases I, II y III): 1.850.000 euros; Olímpicos: 285.000 euros; Avda. Balaídos: 1,4 millones de euros; Val Miñor: 225.000 euros; Castrelos: 3,2 millones de euros e Florida: 4 millones de euros. Incluso, abondou, acometimos obras na parte central da avenida de Citroën.
O rexedor fixo estas declaracións esta mañá durante a inauguración formal do tramo entre Manuel de Castro e Eugenio Kraff que quedara sen humanizar antes das eleccións municipais, "polo que estamos a cumprir un co compromiso electoral e político". Avanzou que o orzamento da obra superou os 50.000 euros nun prazo de execución de mes e medio. Ademais de colocar xardineiras, árbores e puntos de luz, Caballero explicou que foi necesario facer unha "importante adecuación" de fecais e pluviais porque na zona máis próxima a Manuel Castro as averías eran moi frecuentes.
Durante a súa intervención, Caballero referiuse tamén á adxudicación o pasado 30 de decembro das obras da beirarrúa esquerda de Castelao comprendidas entre o número 1 ao 9 que non foran realizadas ao tempo do resto da rúa. Explicou que neste caso e aínda que, por complicacións técnicas foi preciso recurrir a un proceso administrativo máis longo, as obras xa están adxudicadas.
Descargar todas as imaxes