Escoitar

Normalización Lingüística enche de xogos este sábado unha romaxe popular no parque da Riouxa

venres, 31 mai 2002
O programa “Xogas?, en galego podemos”, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística, ofrecerá actividades destinadas a nenos de 4 a 10 anos de idade o sábado 1 de xuño no parque da Riouxa.

Este sábado, os rapaces poderán participar nunha romaxe popular e xogar á pita cega, a comba, a buxaina, o truco, a panda, nesta casa hai fume, Pinocho, zapatiño inglés, Antón Pirulero, a ra, a chave, o aro...

Normalización Lingüística pretende, mediante esta programación de “Xogas?, en galego podemos” ofertarlles aos cativos a posibilidade de relacionarse con outros a través de actividades de dinamización lingüística.

O parque da Bouza, o parque da Riouxa, o parque de Castrelos e a praza do Rei son outros dos enclaves onde se celebrarán estas actividades nas vindeiras fines de semana. “Achegándonos á montaña”, “A festa do verán”, ”Xogos do clic” e “Obradoiros da natureza” son algunhas das propostas de Normalización Lingüística para o mes de xuño.