Aberto o prazo para participar no III Enxalzamento do traxe galego
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o “III Enxalzamento do traxe galego”, que se desenvolverá o día 8 de xuño de 2002, a partir das 20:00 horas, na praza do Berbés.
Poderán participar neste evento cantas persoas o desexen. Para tomar parte no concurso e optar ós premios deberán cubri-la solicitude de inscrición que poderán recoller e presentar no departamento de Festas e Animación Sociocultural (Casa do Concello, 1º andar, teléfono 986 81 01 70: fax 986.22.16.66.)
Nesta solicitude deberán sinala-los seguintes datos: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe: se este é antigo ou moderno, de gala ou de cotío: comarca de procedencia e época á que pertence. No apartado de observacións consignaranse o maior número de datos aclaratorios posibles para unha mellor identificación así como os elementos que compoñen o traxe.
O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 7 de xuño, non se admitirá ningunha solicitude recibida con posterioridade á hora e data indicadas, calquera que sexa o motivo do retraso.
Tódolos traxes feitos na actualidade deberanse inscribir como Traxe Moderno e será imprescindible que garden o canon do traxe antigo. Pola súa banda, os traxes antigos deberanse presentar como tales, con referencia detallada ós seus antecedentes e procedencia. Calquera que sexa o traxe, antigo ou moderno, os seus adornos haberán de ser de cristal, acibeche ou cera vidrada, os agremáns ou pasamanerías de fío, seda ou algodón, e no seu feitío axeitaranse ós patróns tradicionais.
Será condición imprescindible que tódalas pezas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo. Non poderán combinarse pezas de distinta comarca.
O xurado, no momento da súa deliberación, terá moi en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das pezas que o compoñen e mailos restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado, etc.
O xurado do concurso estará presidido pola concelleira de Festas e Animación Sociocultural e composto por catro persoas vinculadas ó mundo da cultura tradicional galega. Un técnico do Concello de Vigo actuará como secretario do xurado, con voz e sen voto. En caso de empate, decidirá o voto de calidade da presidenta.
O xurado examinará os traxes inscritos para o concurso o sábado día 8 de xuño, ás 17:30 horas, no auditorio da Casa do Concello. Posteriormente, concentraranse ás 19:30 horas na praza do Rei, para desfilar a partir das 20:00 horas polas rúas que lles indique a organización do concurso. Unha vez chegados á praza do Berbés, darase a coñece-lo veredicto do xurado e realizarase a entrega de premios.
Os premios establecidos para o concurso por categorías serán os seguintes:
PREMIO TRAXE ANTIGO
Home: 212.-€.
Muller: 212.-€
PREMIO TRAXE DE COTÍO
Home: 212.-€
Muller: 212.-€
PREMIO TRAXE MODERNO
Home:
1º premio: 212.-€
Muller:
1ºpremio: 212.-€
Neno:
1º premio: agasallo.
Nena:
1º premio: agasallo.
No apartado de nenos para os traxes modernos poderán participar os menores de 16 anos: no de mulleres e homes en tódalas categorías, a partir dos 17 anos.
PREMIO ESPECIAL de 300,51.-€, para o grupo que seleccione o xurado de entre os formados por máis de 10 persoas, que se inscriban como asociación, grupo folclórico ou similar, e que ningún dos seus membros estea inscrito no concurso de xeito individual.
Os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación.
Descargar todas as imaxes