O Concello impulsa un programa de vivenda compartida entre persoas maiores e xuventude voluntaria
A Concellería Benestar Social asinou un convenio con Solidarios para el Desarrollo para desenvolver o programa de vivenda compartida entre persoas maiores e estudiantes. Os obxectivos son mellorar as condicións de vida dos anciáns que viven sos e á vez facilitar aloxamento á mocidade voluntaria.
”Trátase dun programa piloto e innovador en Vigo, que pode marcar unha liña de actuación para o futuro, enmarcado na loita contra a soidade das persoas maiores e na dificultade dos estudiantes por encontrar unha vivenda”, expresou a concelleira de Benestar Social. En Vigo hai 46.000 persoas maiores, das que o 20% viven soas.
O convenio entrará en vigor o 1 de xuño de 2002 e concluirá o 31 de decembro de 2003. O orzamento é de 16.029 euros (2.676.000 pesetas).
O programa de vivenda compartida foi pioneiro na Universidade de Granada e leva sete anos en Madrid, onde conviven 150 parellas maioritariamente formadas por mulleres maiores con rapazas estudiantes.
Solidarios para el Desarrollo ten 3.000 voluntarios en España e dispón, entre outros programas destinados ás persoas maiores, de atención a domicilio e acompañamento de voluntarios unha vez á semana.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes