Cultura e Caixa Galicia colaboran na realización de proxectos culturais da cidade
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe e o vicepresidente da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, José Luis Méndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración coa finalidade de potenciar as actividades culturais programadas desde a concellería e cun presuposto estimado de 1.102.600 euros. A Fundación comprométese achegar ó Concello de Vigo durante este ano un total de 420,709 euros, destinados ó financiamento da programación da concellería recollida no convenio.
Carlos Príncipe manifestou que ”a concellería de Cultura concibiu o proxecto de desenvolver novas actividades culturais co fin de alcanzar unha meirande diversidade das mesmas e obter en cada acción concreta un mellor rendemento, mediante o aseguramento da calidade ata conquerir un nivel equiparable ó das cidades europeas mellor dotadas neste ámbito”.
As actividades que se programan en función do convenio asinado hoxe figuran a celebración do concurso exposición da Camelia: os ciclos de música Sacra, 2000+2 e Are-More: arquivo fotográfico Pacheco: sinalización do patrimonio arquitectónico da cidade e edición dun catálogo de arquitectura histórica de Vigo: premier mundial da película “Días de Boda”: homenaxe a “Cuco Cerecedo” e un ciclo de conferencias.
Arquivo Fotográfico Pacheco e Patrimonio Arquitectónico
A concellería de Cultura está a realizar a dixitalización e informatización do Arquivo Fotográfico Pacheco. Este proceso iniciouse no ano 2000 coa contratación dos servicios de dixitalización, adquisición de equipo informático, asistencia técnica e adquisición de material. Para o último trismestre deste ano a concellería de Cultura ten previsto programar unha exposición xeral sobre o Arquivo, mostrando o material dixitalizado, o proceso dos traballos e un estudio sobre o arquivo e os seus autores. A exposición acompañarase dunha publicación. O remate do proceso de dixitalización e da exposición a Concellería promoverá a mostra a través de Internet dos fondos do Arquivo Fotográfico Pacheco.
En relación o patrimonio arquitectónico de Vigo a concellería de Cultura realizará a sinalización de 114 edificios da cidade catalogados ata mediados do século xx. Serán 190 rotulacións que inluen o nome do edificio, a data de construcción, o arquitecto e o estilo. A selección dos edificios e textos responderán ó proxecto realizado polo arquitecto Jaime Garrido Rodríguez.