As análises demostran que tódalas praias de Vigo se encontran en condicións óptimas para o baño

As zonas de baño viguesas encóntranse en condicións óptimas segundo se desprende dos resultados das últimas mostraxes realizadas o pasado 6 de maio polo laboratorio municipal. As análises demostran que as praias de Samil, O Vao, Alcabre e Canido teñen unha ausencia total de coliformes fecais.
O día no que se efectuaron estas análises, a temperatura da auga das praias viguesas era de 14º agás en Canido, que estaba a 16º e Teis, a 12º.
O Concello comezou a finais de abril a realización das mostraxes para analizar a calidade das augas que se efectuará periodicamente cada 15 días durante a tempada de verán.
Descargar todas as imaxes