A Concellería de Xuventude terá un programa radiofónico destinado á mocidade
A Concellería de Xuventude presentou o programa de información xuvenil ”Chimpa nas ondas” que se emitirá, en colaboración con Radio Ecca, os sábados ás 11:30 no 96.5 da FM. Os locutores Martiño Vázquez e Guadalupe Vidal difundirán información de interese para os mozos vigueses.
O programa conterá 10 ou 12 noticias, entrevistas e música dos grupos que ensaian no local municipal de Xuventude. Martiño Vázquez destacou que non existen precedentes deste magazine xuvenil radiofónico que servirá para ofrecer alternativas culturais e de lecer para a mocidade. Guadalupe Vidal explicou que procurarán transmitir ilusión mediante a creación dun programa ameno, divertido e desenfadado.
Os locutores resultaron elixidos a través dun concurso radiofónico ao que concorreron 73 mozos interesados en presentar o programa. O responsable de Radio Ecca Juan Caballero afirmou que esta iniciativa segue a liña de continuidade da emisora de promover actividades culturais e que o programa constituirá unha importante promoción para a cidade posto que se pode escoitar desde o norte de Portugal ata Santiago de Compostela.
Descargar todas as imaxes