Escoitar

As ofertas do mercado en coches de segunda man estarán presentes en Motorocasión

mércores, 8 mai 2002
imx1386.jpg
Cartel
A cidade de Vigo será, por segundo ano consecutivo, punto de referencia do vehículo seminovo e de ocasión. O recinto feiral de Cotogrande será o escenario no que se desenvolva esta nova edición de Motorocasión, Salón do Vehículo Usado e de Ocasión, que se celebrará entre os días 9 e 12 de maio e que foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Turismo e Comercio, Lilian Álvarez.

O principal obxectivo do certame é dotar á cidade dun novo espacio que dé respota ás demandas dun mercado como o de segunda man. Durante os días que dure o evento ofreceranse coches totalmente revisados, coas mellores garantías técnicas. Por primeira vez incorporase á mostra unha ampla oferta de motocicletas seminovas e de ocasión.

Motorocasión é un certame organizado pola empresa Eventos do Motor responsable da posta en marcha de Salóns do Automóbil como o de Vigo, Zaragoza e Sevilla.

Como complemento á exposición de vehículos usados están programadas actividades paralelas como un circuíto de quads e de slot, así como unha exposición de vehículos deportivos de luxo e clásicos.

A exposición poderá visitarse os días 9 e 10 de maio de 16.00 a 21.00 e os días 11 e 12 de 10.00 a 21.00 horas. A entrada é de 2,5 euros.
Descargar todas as imaxes