O Concello de Vigo patrocina a Exposición Mundial da Pesca 2003
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e o presidente do Comité executivo da Exposición Mundial da Pesca (World Fishing Exhibition), Alfonso Paz Andrade, asinaron o convenio que converte ao Concello de Vigo na Institución patrocinadora da próxima Exposición Mundial, que se desenvolverá na cidade entre os días 17 e 21 de setembro de 2003. O alcalde intégrase no Comité que se encargará da organización deste evento e asume a súa representación nos diferentes actos de promoción da feira.
Lois Castrillo xustificou o apoio do Concello á Exposición recordando os beneficios que lle reportou a Vigo en edicións anteriores. Segundo o alcalde, a World Fishing contribúe ao relanzamento da industria pesqueira local, afianza a percepción da cidade como cidade punteira no sector e ademáis axude a difundir en todo o mundo a imaxe de Vigo como unha cidade moderna, atractiva e con futuro.
A Exposición Mundial da Pesca 2003 desenvolverase no recinto de Cotogrande. O comité organizador agarda que nesta edición participen máis de 500 expositores e que a mostra sexa visitada por 60.000 profesionais do sector de todo o mundo.
Durante o acto de sinatura do convenio, Castrillo amosou a súa confianza en que no momento de celebración da feira o recinto de Cotogrande conte xa cun novo aparcadoiro e con maior superficie expositiva.
Descargar todas as imaxes