O Concello distribúe nos centros escolares libros sobre Sarmiento
O departamento de Educación do Concello de Vigo distribuiu entre os centros educativos da cidade dous libros sobre Frei Martín Sarmiento, a personalidade á quen se lembra este ano no Día das Letras Galegas. Un deses libros titúlase “A vida do padre Sarmiento” Ed. Galaxia, unha biografía sobre o erudito berciano escrita polo recentemente falecido Carlos Casares. O outro chámase “Sarmiento. Vida e obra”, un estudio sobre a figura do monxe escrito polo pedagogo Antón Costa.
Coa distribución destes dous libros entre os colexios vigueses, o Concello pretende poñer nas mans dos escolares da cidade uns estudios sobre Frei Martín Sarmiento que lles permitan achegárense con máis facilidade á vida e obra do erudito e obter un mellor coñecemento da nosa lingua e a nosa cultura.
Descargar todas as imaxes