Vigonatura ofrecerá máis de mil productos ecolóxicos
A II Feira Vigonatura celebrarase do 16 ó 19 de maio no recinto do Instituto Feiral de Vigo de Cotogrande. O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou este evento que contará con máis de cen expositores con mil productos, obradoiros e conferencias.
Trátase dunha feira que lle presentará ó público novas alternativas de consumo que a sociedade demanda de forma crecente nos últimos anos. Nesta mostra poderán verse e degustarse productos alimentarios procedentes da agricultura e gandería biolóxica, aquelas que non empregan productos químicos no seu mantemento. Tamén estarán presentes a bioconstrucción, terapias alternativas, cosmética e hixiene, así como ofertas de lecer e cultura relacionadas cunha vida máis sa a partir do respecto e aproveitamento racional da natureza.
A feira, que ocupará 6.000 m2, contará con actividades alternativas destinadas a difundir hábitos relacionados co coidado e protección do medio ambiente, ademais dos expositores de venda e desgustación de productos. Os interesados en visitar este evento poderán ir en autobús gratuíto desde o centro da cidade ata o recinto feiral.
Nos obradoiros, o visitante terá a oportunidade de facer pratos vexetarianos, fabricar xabóns e xeles vexetais ou degustar repostería. Haberá tamén tempo para a saúde con sesións diarias de tai-chi nas que poderá participar o público que acuda ó recinto feiral e nos que se explicará esta técnica milenaria de relaxación e concentración.
Contaminación mariña, enerxías renovables en Galicia, superación do stress e a depresión, plantas medicinais e agricultura biolóxica son algúns dos temas das conferencias previstas.
Descargar todas as imaxes