O luns inaugúrase a mostra ”Mans creativas” da Concellería da Muller
A IX Exposición ”Mans creativas” abrirá ó público o vindeiro luns, día 13 de maio, ás 20:00 na Estación Marítima do Porto de Vigo. Na inauguración estará presente a concelleira da Muller, Ana Gandón.
A exposición está organizada pola vocalía da Muller da Federación veciñal ”Eduardo Chao” en colaboración coa Concelleríad a Muller. É unha exposición de traballos das mulleres veciñais de Vigo que permanecerá aberta dende o 13 ó 17 de maio de 2002, de 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:30 horas na Estación Marítima.
Os días 14,15 e 16 de maio, pola tarde realizaranse obradoiros coa colaboración das monitoras do programa ”O Noso Tempo”, organizado pola Concellería da Muller, en colaboración coa vocalía da muller da Federación Veciñal ”Eduardo Chao”.
O programa de actividades ten contidos, entre outros, de formación persoal, educación física, ioga, teatro, habilidades sociais, coñecemento do contorno. Haberá ademais artesanías e manualidades como pintura, tapicería, retacería, gravado de metais, esmalte en frío, arranxo floral e cerámica.
Este programa naceu coa intención de servir de lugar e tempo de encontro para as mulleres. A participación dun xa gran número de mulleres ten ido perfilando os temas dos cursos e as especialidades que no programa se imparten. É por tanto un proxecto colectivo de todas as mulleres participantes e das vocalías da muller
das 50 asociacións que o posibilitan.