Cultura programa nove concertos do ciclo de novos intérpretes ”Xeración 2000+2”
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou hoxe a segunda edición do ciclo de intérpretes para un novo século co nome ”Xeración 2000+2” co que se pretende renovar o elenco de músicos e dar a oportunidade ás novas xeracións de intérpretes e compositores. O ciclo conta coa colaboración de Caixagalicia e realizase baixo a dirección de Roberto Relova.
Dende o 9 de maio ata o 14 de xuño, Vigo disfrutará da máis selecta e renovadora colección de xoves intérpretes, cun programa coidado e variado que vai dende a música española do século XVI ó século XXI pasando por Bartok, Rabel, Beethowen, Mendelssonh, Rossini, Mozart, Falla, Haydn, Fernando Sor, Montsalvage e rematando coa “Historia do soldado” de Igor Strawinsky.
Carlos Príncipe subliñou que o obxectivo do programa 2000+2 é ”poñer a cultura con maiúsculas o alcance de todos, educar novos públicos, dar novas oportunidades, e crear un sinal de identidade nesta cidade dos nosos amores que se chama Vigo”. Pola súa banda, Roberto Relova manifestou, durante a presentación, que ”en ciclos coma este o alto nivel dos profesionais da música brilla de forma marabillosa nun século que se empeña en buscar autenticidade nas súas identidades a través da cultura”.
Os concertos celebraranse os días 9,11,19,23,25 de maio e 1,6,8,14 de xuño. A programación de cada un deles está no apartado da axenda do Xornal Dixital.
Descargar todas as imaxes