Vigo promove un debate sobre as relacións porto-cidade entre cidades do Arco Atlántico
As cidades do Arco Atlántico escolleron o pasado ano a Vigo para ocupar a presidencia da comisión de portos desta asociación, ao entender que a nosa cidade, pola súa importancia demográfica e o peso do seu porto podía liderar un debate que se está suscitando en moitas urbes da costa atlántica: o debate sobre o desenvolvemento da actividade portuaria no futuro e a súa compatibilidade con outros usos que permitan aumentar a relación dos habitantes da cidade co mar.
O alcalde, Lois Castrillo, é o promotor, dende a presidencia da Comisión, dun encontro de cidades atlánticas que se vai desenvolver o día 10 de maio en Vigo e que ten como obxectivos expoñer a experiencia destas cidades na súa relación cos seus portos e atopar elementos comúns que sirvan para desenvolver proxectos conxuntos.
Castrillo explicou que o encontro da vindeira semana tivo un proceso de preparación previo no que cada unha das cidades que forman parte da comisión de portos do Arco Atlántico enviou información relativa ás súas relacións cos seus respectivos portos. Neses documentos constatouse que en moitas das cidades se experimentou unha evolución semellante: os portos medraron a costa dos nucleos urbanos degradando a estructura urbana: as instalacións portuarias seguen mantendo políticas de continuo investimento para reforzar a súa competitividade: nalgunhas cidades como Xixón, Porto ou Brest principiaron procesos de recuperación das fachadas marítimas urbanas mentres os portos buscan zonas loxísticas que permitan o seu crecemento fóra do espacio urbano.
O alcalde sinalou que na xornada falarase de todas estas experiencias e tentaranse buscar puntos de encontro que permitan desenvolver proxectos conxuntos dirixidos a mellorar a interrelación porto-cidade en términos de recuperación de espacios públicos, modernización das redes de transporte e busca de fórmulas de crecemento portuario compatibles coa protección ambiental.
Paralelamente ao encontro, o Concello de Vigo convidou a pronunciar senllas conferencias a dúas persoas que teñen unha ampla experiencia en procesos de reconversión de grandes portos: o profesor Joan Alemany e Mr. Jacques Le Vagueresse. Estas dúas conferencias, abertas ao público, serán moi ilustrativas respecto ás posibilidades de transformar a estructura dos portos en grandes cidades facendo posible que manteñan a súa competitividade ao tempo que se fan máis permeables para o uso cidadán.
Descargar todas as imaxes