O Concello outorga novas licencias para a construcción de vivendas de protección oficial en Navia
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou unha nova licencia de obra para a construcción de vivendas de protección oficial no polígono de Navia. A promotora Vigolar S.A. construirá un edificio de 216 vivendas con dous sotos de garaxe, baixo comercial e nove alturas. O presuposto da obra é de 9.278.524 euros.
Esta é a terceira licencia que concede o Concello para a construcción de vivendas de protección oficial no polígono residencial de Navia, onde o Instituto Galego da Vivenda e Solo está rematando a urbanización dos terreos. Con anterioridade, xa se concederan licencias para outros dous edificios, pero de promoción estrictamente privada.
En total serán ao redor das catro mil vivendas as que se crearán no que xa é o gran polo de expansión residencial de Vigo.
O Concello ordena o precinto dun pub de Montero Ríos
O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou revogar a licencia de actividade que tiña o bar B-52, situado no número 34 da rúa Montero Ríos. A decisión está motivada polos reiterados incumprimentos das condicións estipuladas na licencia. Este establecemento dispuña dunha licencia que lle permitía funcionar como café-bar sen música, pero a policía local comprobou como, malia sucesivos apercibimentos de peche, utilizaba a música a alto volume como reclamo para a súa clientela.
A Xerencia de Urbanismo dará orde á Policía Local para o precintado do establecemento e prohibe a súa actividade ata que non obteña a correspondente licencia.