Vigozoo amosará unha exposición sobre a evolución da vida animal
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou unha exposición titulada ”A historia en pedra” que se exhibirá en Vigozoo. Os visitantes poderán observar vitrinas con fósiles e réplicas dos animais existentes en cada era xeolóxica coa correspondente información.
Amador Fernández estivo acompañado, durante a presentación, polo xefe de zona de Caja Madrid, Severiano Solana Martínez. ”O material de apoio achega documentación sobre xeografía, clima, paisaxe e fauna, así como un noticiario sobre o máis interesante de cada era”, explicou o concelleiro.
A mostra representa a historia da Terra desde o seu orixe hai máis de 4.500 millóns de anos, as eras, períodos e épocas, os grandes avances, as extincións e os cambios que sufriron os continentes.
A exposición permanecerá aberta do 4 ó 31 de maio, no edificio Central Vigozoo, en horario de 10 a 19 horas.
Xornada de portas abertas
Vigozoo contará o mércores 1 de maio cunha xornada de portas abertas para que tódolos interesados poidan acudir ao zoolóxico e visitar as súas instalacións de forma gratuíta.
Medio Ambiente organizará en Vigozoo un campamento de verán e unha granxa-escola que entrará en funcionamento no próximo curso escolar. Estes cursos serán impartidos polos monitores do departamento de Educación Ambiental.
O restaurante-cafetería ”Xardín Zoo” ofertará un concurso de pintura anual entre tódolos centros educativos de Galicia, entrada gratuíta ao zoolóxico e torta de cumpreanos para os nenos que celebren alí o seu aniversario e pratos combinados, bocadillos, bebidas e cafés para os cidadáns. Disporá dun servicio de terraza exterior nun contorno natural no que existe un parque infantil para o recreo dos nenos.
Proximamente entrará en funcionamento a primeira fase do taller interactivo ”Toca, toca-non toques”, a partir da instalación do herpetario-insectario-mariposario. Está prevista tamén a creación dunha tenda na que se poderán mercar agasallos con motivos animais.
Descargar todas as imaxes