Escoitar

O Concello de Vigo solidarízase co pobo palestino

luns, 29 abr 2002
imx1353.jpg
A Corporación aprobou facer pública a súa solidariedade co pobo palestino e reivindicar que o Goberno español incremente a súa presión política sobre Israel co fin de que ”abandone a súa escalada criminal contra a Autoridade Nacional Palestina”.

A moción aprobada contén tamén a esixencia do cesamento das hostilidades e agresións por parte de Israel, que debe abandonar de inmediato os territorios ocupados. Pídese o rexeitamento de xeito radical da actuación do Goberno de Ariel Sharon por atentar contra o dereito internacional contra os dereitos humanos e por incumprir sistematicamente os mandatos do Consello de Seguridade da ONU.

Este acordo enviaráselle á Embaixada de Israel en Madrid e ao Goberno español.
Descargar todas as imaxes