Turismo axudará ós establecementos que promovan a mellora dos seus servicios
A partir do próximo luns, día 29, ábrese a convocatoria de subvencións do Plan de Calidade Turística 2002 que convoca a concellería de Turismo co obxecto de que os establecementos do sector reciban axudas de cara a impulsar a mellora dos seus servicios.
As bases da convocatoria, aprobadas na última Comisión de Goberno, establecen que son obxecto de axuda as actividades de dinamización nas rúas e terrazas: obras menores de reparación e mantemento do establecemento, que contribúan á mellora da imaxe e dos servicios que se prestan: cursos de formación para o persoal do establecemento que facilite o trato co turista: promoción da nosa gastronomía: supresión de barreiras idiomáticas e arquitectónicas: adquisición de moblaxe, especialmente aquel que conduza á unificación da imaxe dunha rúa ou terraza: e adquisición de elementos decorativos, que fagan máis atractivo o uso e goce das terrazas en todas as épocas do ano.
A contía máxima por proxecto ascenderá a 3.055,06 euros.
As bases da convocatoria atópanse a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello. A data límite para presentar as solicitudes rematará o 1 de setembro do ano en que andamos.
Descargar todas as imaxes