Escoitar

Principia a programación anual de cursos formativos da Concellería da Muller

venres, 26 abr 2002
imx1339.jpg
A Concellería da Muller inicia a programación de cursos formativos sobre ”Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal”. A vindeira semana abre o prazo para inscribirse nas clases de mellora da autoestima que se celebrarán nas dúas últimas fines de semana de maio.

Autoestima, sexualidade, amor e perda, menopausia e xenealoxía feminina son os eixos temáticos deste programa. O primeiros dos cursos, impartido pola Escola de Mulleres “Simone de Beauvoir”, titúlase “Reafimación persoal/identidade, a propia valía (autoestima)”. Os seus contidos son sobre a percepción e vivencia corporal, o amor, o guión da vida e o cambio.

A coordinadora do programa é Rosa Millán García, formadora especializada na Escuela Experimental para la mujer ”Simone de Beauvoir” (Madrid) e técnica de actividades culturais. Millán impartirá este curso con María Iglesias Pérez, sicóloga, sicoanalista e terapeuta de grupos de encontro.

A duración do curso será de 24 horas e celebrarase o 11, 12, 25 e 26 de maio, en horario de 10 a 20 horas os sábados e de 10 a 14 horas os domingos. Os demais cursos serán dunha fin de semana.

As interesadas poden inscribirse do 29 de abril ao 7 de maio na oficina da Muller situada no primeiro andar do Concello de Vigo, en horario de 8:00 a 14:00 horas (teléfono 986-810284)

As destinatarias deste curso son mulleres maiores de 18 anos empadroadas no municipio de Vigo e que non realizasen con anterioridade o devandito curso.

Descargar todas as imaxes