Comezan as obras do novo conservatorio
O alcalde, Lois Castrillo, e o conselleiro de Educación, Celso Currás, puxeron a primeira pedra do edificio que vai albergar o conservatorio de grao elemental e medio de Vigo. O edificio erguerase nunha parcela cedida polo Concello a carón da igrexa da Florida. A execución do proxecto custa 2.950.000 euros dos que a Administración municipal aporta máis do 75%.
Lois Castrillo afirmou que con esta obra comeza a facerse realidade unha vella aspiración da cidade, dispor dunhas instalacións axeitadas para que se impartan todos os ciclos de ensino musical. O alcalde lembrou que esta era unha das metas que se marcou o Goberno municipal e salientou a colaboración amosada en todo momento pola Asociación de Nais e Pais do Conservatorio e polo seu profesorado.
Castrillo explicou que a ubicación do novo conservatorio non responde unicamente á idoneidade da parcela, senón que tamén persegue o obxectivo de ofrecerlle un novo equipamento cultural e educativo a unha das zonas da cidade que máis está medrando. O alcalde sinalou que, con esta dotación, a zona de Coia e A Florida vai dispor no futuro próximo dun centro que dinamizará a vida cultural desta área da cidade.
O proxecto foi elaborado polos arquitectos Salvador Fraga, Francisco Javier García-Quijada e Manuel Portolés. A construcción asentarase nunha parcela de 5.260 m2 situada entre as rúas Fotógrafos Irmáns Sarabia e Fotógrafos Felipe Prósperi.
O edificio situarase no medio da parcela. Terá 4.051 m2 distribuídos en tres andares, un deles estará baixo a rasante da rúa Irmáns Sarabia. Habilitarase unha zona de aparcamento na zona sur (limítrofe coa igrexa de S. Antonio da Florida) e unha zona verde na zona norte.
O nivel 1 terá o seu acceso pola rúa Felipe Prósperi. Contará con dous vestíbulos que permitirán a utilización diferenciada do centro de ensino e do auditorio situado no corpo norte. Neste andar estarán os despachos, o local para a Anpa e catro aulas.
O nivel 2 conta con sete aulas non instrumentais, duas cabinas de estudio e doce aulas instrumentais (4 de corda, 3 de vento-metal, 1 de guitarra, 1 de canto e 1 de gaita).
No nivel 3 haberá tres aulas non instrumentais e doce instrumentais (4 de corda, 3 de vento-metal, 1 de tuba e metais, 1 de percusión e 3 non específicas). No corpo norte estará a biblioteca e duas aulas de música de cámara.
O edificio terá solos, paredes e teitos “flotantes” para evitar a transmisión directa do son. Os paramentos laterais de cada recinto se tratarán con elementos illantes e os teitos suspenderanse dos forxados superiores mediante antivibradores.
Descargar todas as imaxes