Escoitar

Coia celebra o ”Día d@ moz@”

xoves, 25 abr 2002
imx1335.jpg
Por terceiro ano consecutivo o barrio de Coia celebra o ”Día d@ Moz@” que terá lugar o vindeiro sábado 4 de maio e que conta coa colaboración da concellería de Xuventude. A festa xurde para destacar a importancia da formación dos rapaces e rapazas a través do xogo, ofértalle alternativas lúdicas e pretende dar a coñecer os 38 colectivos de Coia que se encargan da organización do evento.

O concelleiro Santiago Domínguez sinalou, no transcurso da rolda de prensa de presentación da festa, que esta iniciativa parte das propias agrupacións do barrio e que este feito é un valor en si mesmo polo que supón de integración dos colectivos.

Entre os colectivos participantes figuran institutos, centros educativos, asociacións veciñais e parroquias que ofrecerán cadanseu obradoiro con actividades como papiroflexia, maquillaxe, globos, pintura, reciclaxe, paracaídas, títeres, cestería, música, danza e coiro, entre outros. Para poder acudir a tódolos postos e actuacións en calquera momento poderase utilizar un tren que percorrerá a Avenida Castelao.

Actuacións

12.00 h.- Pasarrúas

12.30h.- Baile Galego ( Campo da Festa). Pintor Laxeiro, Camiño Vello e Don Bosco.

13.00 h.- Patinaxe ( Campo Roxo). Escultor Acuña, Pintor Laxeiro.

16.00 h.- Ximnasia rítmica ( Campo da festa). Seis do Nadal, Pintor Laxeiro.

17.00 h.- Danza Moderna ( Campo da Festa). Moraima, Virxe do Rocío.

18.00 h.- Karate ( Campo da Festa). Celso Emilio Ferreiro.

18.00 h.- Baile Galego ( Volcáns). Grupo Anduriña, Seis do Nadal.

18.00 h.- Baile Galego ( Travesas). Peña Xuntanza.

O venres e sábado ás 21.30 h. na praza do Emigrante ROCKOIA coa actuación dos grupos Leukocitos, Azafran, Farrapo de Ghaitas, Bees Wax e Zelme.
Descargar todas as imaxes