Escoitar

A Xerencia de Urbanismo acepta o novo proxecto constructivo do aparcadoiro de Urzaiz

xoves, 25 abr 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o novo sistema constructivo presentado pola empresa Eloymar-Tranvías Eléctricos de Vigo UTE para executar a obra do aparcadoiro soterrado baixo a rúa Urzaiz. O Concello esixíralle á empresa a modificación do sistema constructivo para evitar a excavación a ceo aberto e para garantir que se puidera manter a circulación pola superficie da rúa durante a execución da obra.

O novo proxecto non só cumpre coas esixencias expresadas pola Corporación municipal, senón que está avalado ademais por informes técnicos especializados que certifican que o procedemento escollido para executar a obra ofrece garantías de seguridade. En calquera caso, o alcalde solicitou que durante o proceso de construcción se faga un seguimento permanente do estado dos edificios situados na área.

O sistema que se utilizará para construír o aparcadoiro supón un incremento no custo inicial estimado en 1.800.000 euros. O presuposto total da obra supera os 9 millóns de euros.

O comezo da obra está agora pendente da aprobación polo Pleno da Corporación municipal.