Escoitar

A vindeira semana ábrese o prazo para solicitar as bolsas municipais de libros e comedor

mércores, 24 abr 2002
imx1331.jpg
Programa
Benestar Social concederá axudas municipais escolares para libros e comedor de cara a contribuír á igualdade de oportunidades. Poderán solicitar estas bolsas económicas as familias con ingresos mensuais inferiores a 150 euros por persoa que teñan nenos matriculados en centros públicos ou concertados.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 29 de abril ao 14 de maio. A documentación requirida pódese presentar nas unidades básicas de acción social (UBAS) de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00.

O Concello leva 16 anos concedendo estas subvencións e, a pesar de que creceu a demanda, diminuiu a poboación infantil polo que se ampliou o abano de persoas que poden percibir estas axudas.

Concederanse 61 euros para a compra de libros de nenos de educación infantil, 85 euros para os de primaria e 109 euros para os de secundaria. Nas bolsas de comedor subvencionarase ata un máximo de 39 euros mensuais por neno. Nesta campaña participan 38 colexios públicos e 26 concertados.

Descargar todas as imaxes