Escoitar

O Salón do Automóbil contribúe a desestacionalizar a oferta comercial

martes, 23 abr 2002
imx1329.jpg
A concelleira de Turismo e Comercio, Lílian Álvarez, presentou o XI Salón do Automóbil, Motocicleta e Industria Auxiliar de Vigo que se celebrará do 27 de abril ao 5 de maio no Instituto Feiral de Vigo en Cotogrande. ”Trátase dun salón consolidado de importante incidencia no sector turístico e comercial da cidade que contribúe a desestacionar a oferta”, explicou Álvarez.

Máis de 30 marcas expositoras de automóbiles, seis de motocicletas, 11 de vehículos industriais e 52 de industria auxiliar exhibiranse en 75 expositores, ocupando unha superficie de 33.000 m2.

O público visitante terá acceso á información sobre os modelos automobilísticos que recentemente se incorporaron no mercado español ou que o farán en pouco tempo. Entre a trintena de firmas que están presentes nesta edición destacan o Mitsubishi EVO VII, o Citroën C3, Honda Jazz, Saab 9-5 2.2 TID Station Wagon e as novas motorizacións en diésel da firma sueca Volvo, entre outras.

O aspecto máis lúdico e deportivo deste ano virá da man do II Rallye Kärcher-Salón de Vigo de Clásicos Deportivos, unha proba de regularidade que discorrerá pola comunidade galega e o norte de Portugal.

O concurso nacional de Car Audio, unha concentración de tuning e as pistas de slot e quads completarán o programa de actividades paralelas. O certame contará co patrocinio de Caixanova, entidade que ofrecerá productos financeiros con inmellorables condicións para a adquisición dun vehículo.


MÁIS INFORMACIÓN

CONTACTO

Descargar todas as imaxes