Escoitar

A Sala de Exposicións da Casa da Xuventude presenta dúas mostras pedagóxicas

luns, 22 abr 2002
imx1324.jpg
Imaxes do planeta
A Sala de Exposicións da Casa da Xuventude de Vigo vén de comezar unha nova rolda que durará ata o mes de xullo, con oito mostras diferentes. Haberá dúas mostras pedagóxicas orientadas a estudiantes e colectivos xuvenís, de cara a fomentar o interese da mocidade por temas de índole social.

A primeira destas mostras, que dará comezo o martes 23 de abril, está organizada pola ONG Médicos Sen Fronteiras e consiste nunha exposición fotográfica sobre a organización e o seu cometido. Está composta por 30 fotografías e seis paneis explicativos do traballo que realiza Médicos Sen Fronteiras en máis de 85 países de todo o mundo. Para os colectivos que o soliciten, trala visita haberá posibilidade de realizar preguntas e comentarios cunha persoa da ONG, dando lugar incluso á posibilidade de organizar un pequeno debate entre os participantes. A mostra terá lugar do 23 de abril ó 3 de maio, dentro do horario de apertura da Casa da Xuventude.

A continuación, do 7 ó 16 de maio, realizarase a mostra Volumes V, composta por pinturas e esculturas elaboradas por un colectivo artístico con diversos autores xoves. Trátase dunha mostra sobre o corpo humano e a deformación do mesmo, en clave reivindicativa acerca dos problemas de anorexia e bulimia. É unha exposición interactiva, na que se xogará coa visión do propio corpo en espellos cóncavos e convexos, haberá un pase de diapositivas con distintos cánones de beleza, análise de cadros e esculturas e aportación final dos participantes nun mural exclusivo por cada sesión.

Estas visitas colectivas deben concertarse con anterioridade na Casa da Xuventude. Para asistir a unha sesión organizada dalgunha destas mostras é preciso poñerse en contacto coa Casa da Xuventude no teléfono 986 294 806.

CONTACTO

EXPOSICIÓNS CASA DA XUVENTUDE

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS (versión en inglés),(español) ou (brasileiro)



Descargar todas as imaxes