Escoitar

Medidas de tráfico con motivo da manifestación pola Defensa da Ría

venres, 19 abr 2002
O Concello de Vigo preparou un dispositivo especial da Policía Local para regular o tráfico con motivo da manifestación que se desenvolverá o sábado, día 20, a partir das 17:30 horas pola zona da beiramar. De todolos xeitos, o Concello recomenda aos conductores que eviten circular durante a tarde do sábado por esa zona da cidade. Recoméndanse como rotas alternativas Arquitecto Palacios, a Avda. Castelao e Gran Vía.

A manifestación percorrerá todo o litoral dende Bouzas ata a praza da Estrela. Irase cortando a circulación a medida que avance a marcha e desviándose o tráfico polas rúas adxacentes. En primeiro lugar desviarase pola rúa Coruña, despois por Marqués de Valterra e Torrecedeira e máis tarde por Oporto e Colón. En sentido contrario de circulación comezarán os cortes de tráfico na praza das Áncoras e segundo progrese a manifestación iranse abrindo rúas á circulación.