O ciclo ”En-clave feminina” dá a coñecer mulleres senlleiras en diversos ámbitos
A Concellería da Muller organiza o ciclo de conferencias “En-clave femenina” co obxectivo de dar a coñecer puntos de vista de mulleres cunha destacada vida profesional ou persoal. As charlas ofrécense cada martes na aula sociocultural de Caixa Galicia (rúa Policarpo Sanz, 21) e a entrada é libre.
A avogada María Debén, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra, a cantante Uxía Senlle, a alpinista Chus Lago e a sicóloga Carmen Clavelía serán algunhas das próximas relatoras. Saúde, arte, ensino ou deporte son os temas escollidos sobre os que se organizan os relatorios que comezaron no mes de abril e se interroperán no verán para continuar en setembro.
A próxima cita será o martes 23 de abril ás 20:00 horas e levará por título “O tratamento penal da violencia contra as mulleres: análise e novas propostas”. A relatora será a avogada especializada en temas de muller María Debén Alfonso, responsable da Oficina de Información da Muller da Coruña.
A primeira das charlas foi sobre “Experiencias pedagóxicas” e contou coa participación da concelleira da Muller, Ana Gandón Menduíña, e de Antía Cal Vázquez, impulsora do movemento de renovación pedagóxica en Vigo. A seguinte conferencia foi sobre ”A muller saharaui no exilio” a cargo de Fatma Mohamed-Salem, representante do Frente Polisario en Galicia.