Escoitar

O Concello incrementará as axudas municipais de libros e comedor no vindeiro curso

luns, 22 abr 2002
O programa de axudas municipais escolares destinará 360.000 euros para que as familias con dificultades económicas poidan beneficiárense do servicio de comedor prestado na maioría dos centros educativos de Vigo e comprar os libros que necesiten os nenos.

As bolsas de comedor son de 312 euros por neno e as de libros varían segundo o curso do solicitante. O Goberno municipal incrementa cada ano a contía destas axudas destinadas a familias con ingresos inferiores a 150 euros por persoa e mes.

Estas subvencións individuais para beneficiar ás familias con dificultades económicas engádense ás outorgadas polo Concello a tódolos centros con comedor destinadas a facer máis asequibles os prezos dos menús escolares.