O Concello pinta a Avenida do Aeroporto
O Concello vai repoñer toda a sinalización horizontal da Avenida do Aeroporto, dende Peinador ata a rúa Aragón. O mantemento desta estrada corría a cargo ata agora do Ministerio de Fomento. O Concello asume a súa conservación e como primeira medida vai pintar todo o trazado, xa que a sinalización horizontal se encontra nun estado moi deficiente.
Unha actuación semellante acaba de realizarse na Avenida Arquitecto Palacios, outro vial que ata hai pouco mantiña o Ministerio de Fomento e que, de agora en diante, vai conservar o Concello.
Durante as semanas precedentes, o Concello procedeu ao pintado de estradas de diversas parroquias. Pintáronse a estrada de Moledo, a praza de Miraflores (Sárdoma), Alcalde Lavadores, O Gandarón, as Baixadas ao Pontillón e a Laxe (Castrelos), ou A Pastora (Freixeiro)