A Plataforma polo dereito de aprender en galego intervirá no Pleno
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu a membros da Plataforma polo dereito fundamental de aprender en galego que intervirán no vindeiro Pleno da Corporación municipal para presentar a situación do uso da lingua e as medidas precisas para mitigar os efectos do incumprimento da lexislación vixente.
Os voceiros desta Plataforma sinalaron que a reivindicación do Día das Letras Galegas deste ano será baixo o lema ”Polo dereito elemental a aprendermos en galego”. ”Trátase de buscar medidas que contribúan a usar con naturalidade a nosa lingua en tódolos ámbitos”, destacou o voceiro do colectivo.
No vindeiro Pleno presentarán a situación actual do uso da lingua segundo os estudios e inquéritos realizados e as medidas que estiman precisas para que os nenos poidan recibir o ensino en galego de acordo co que establece a lexislación.
O 17 de maio celebrarase unha manifestación en Santiago de Compostela convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, sindicatos e partidos políticos.
NAIS E PAIS POLO ENSINO EN GALEGO
A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Descargar todas as imaxes