Escoitar

Belén Sío concédelles os diplomas aos beneficiarios do programa de integración laboral Intes

xoves, 25 abr 2002
imx1334.jpg
Entrega de mencións
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, entregoulles os diplomas acreditativos aos participantes no programa de integración global Intes, mediante o que 42 persoas se beneficiaron de cursos e contratos laborais nas empresas colaboradoras.

Intes é un dispositivo de integración global e laboral incluído no Plan Galego de Inclusión Social co obxectivo de achegar persoas con dificultades ao eido laboral como vieiro para mellorar as súas condicións de vida, explicou a concelleira.

O curso de limpeza industrial, de 40 horas, foi impartido por Limpezas Faro e o de instalador electricista, de 100 horas, por Instalectra. Estes dous cursos tiñan compromiso de contratación.

O curso de cociña de tapas, de 100 horas, foi impartido por persoal de Harina Blanca e o de reciclaxe administrativa, de 135 horas, de Ingafor.

Tralo acto, o Concello ofreceu unha comida aos empresarios participantes no programa.

Empresas participantes

Alcampo, PSA-Peugeot-Citroën Hispania, Asemblea Local de Vigo de Cruz Roja Española, El Molino, El Impecable, Sociedade Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Limpezas Cíes, Limpezas Faro, Limpezas Frankfurt, Manpower, Orbe, Pereira Productos do Mar, Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra, Estaleiros Francisco Cardama, Gadis, Obras e Construccións Dios, Clarosol, Hiperxel, Caixa Galicia e Caixanova.

Descargar todas as imaxes