Escoitar

Mellora do alumeado público en Beade, Bembrive, Cabral e Candeán

luns, 29 abr 2002
O departamento de servicios electro-mecánicos do Concello elaborou un proxecto para mellorar o alumeado público de catro parroquias viguesas: Beade, Bembrive, Candeán e Cabral. A iniciativa, aprobada pola Comisión de Goberno, suporá un custo de 69.038 euros.

O obxectivo perseguido é o de eliminar as caídas de tensión que ocasionan frecuentes apagóns no alumeado público das parroquias citadas. Asemade, colocaranse 525 novos puntos de luz en estradas e camiños do rural. O proxecto prevé tamén a substitución das actuais lámpadas de vapor de mercurio por outras de vapor de sodio, que garanten unha maior duración, que permiten aforrar no consumo e que ademais contaminan menos.