Escoitar

Inaugurada a exposición que conmemora o 25 aniversario de CC.OO.

martes, 30 abr 2002
imx1357.jpg
Programa
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, o secretario xeral de CC.OO. , José María Fidalgo e o secretario do sindicato en Vigo, Manel Fernández, inauguraron a exposición que leva por título ”CC.OO. Memoria democrática. Proxecto solidario” coa que se conmemora o 25 aniversario da Asemblea de Barcelona do sindicato e que se amosa na Casa das Artes ata o 26 de maio.

A exposición recrea a través de fotografías, documentos, carteis e outras imaxes, a traxectoria que vai desde o xurdimento das primeiras Comisións Obreiras en talleres, minas e tajos ata a celebración da Asemblea Xeral e a legalización do sindicato en 1976.

Un primeiro bloque de paneis reflicte a situación de derrota do movemento obreiro na posguerra. O segundo grupo de paneis amosa o escenario sobre o que se desenvolveron as Comisións Obreiras e os seus protagonistas. O terceiro grupo dá conta dos recursos institucionais da dictadura franquista que foron utilizados polos homes e mulleres do sindicato para organizar a protesta tratando de evitar a clandestinidade. No cuarto grupo de paneis faise referencia ás innovacións desde o punto de vista da organización e da acción colectiva.

A exposición amosa as grandes mobilizacións do movemento obreiro, como a folga mineira de 1962, a mobilización contra o xuízo de Burgos, os Primeiros de Maio ou as protestas de 1976. Tamén fai referencia á represión que o franquismo desatou contra o sindicato e a clase traballadora como resposta a esas mobilizacións: as detencións, os crimes de Erandio, Granada, Ferrol, Madrid, San Adrià de Besòs, Victoria..., ou o Proceso 1001 contra dez dirixentes do sindicato.

A derradeira seccións da exposición refírese ó movemento obreiro co proceso de nacemento e consolidación de CC.OO. en Galicia.
Descargar todas as imaxes