Comezan a fase de formación os peóns e oficiais contratados na convocatoria 2002-2003 do Promil
Cincuenta e catro desempregados/as, corenta peóns e catorce oficiais, comezaron hoxe a traballar no Concello de Vigo dentro do Programa Municipal de Integración Laboral (PROMIL) na convocatoria 2002-2003, posto en marcha pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003.
A contratación ten unha duración de doce meses, recibindo este primeiro mes unha formación teórico-práctica impartida polo Fondo de Formación e que consistirá nun curso de Prevención de Riscos Laborais e un curso básico de cada unha das especialidades requiridas: electricidade, carpintería, xardinería e cantería.
Para esta convocatoria do PROMIL presentáronse un total de seiscentas corenta e seis (646) solicitudes para peón, das que un 60% foron homes e o resto mulleres, resultando seleccionados un total de vintetrés (23) mulleres e dezasete (17) homes. No caso dos candidatos para oficiais, presentáronse un total de oitenta instancias, acreditando debidamente a súa categoría e realizando unha proba práctica dependendo da especialidade.
Hai que lembrar que a necesidade social é determinante á hora do proceso de selección destas brigadas de peóns, valorándose, entre outros, O nivel de renda por unidade familiar, as cargas familiares e a antigüidade no desemprego.
O PROMIL representa unha das principais referencias do Plan Municipal de Emprego, constituíndo unha nova ferramenta de apoio á inserción laboral dos/as desempregados/as de longa duración, pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Tamén hai que destacar que estas contratacións se regulan polo convenio colectivo do Plan Municipal de Emprego, que é un instrumento básico á hora de desenvolve-los plans e programas municipais de fomento de emprego.