O Concello colabora cun Seminario de Planificación Empresarial
O Concello colabora no Seminario de Planificación Empresarial, organizado pola Mancomunidade e o IGAPE, co obxectivo de coñecer os conceptos necesarios para a elaboración do plan de negocio, deseñar e elaborar o proxecto de empresa e contrastar a viabilidade do proxecto.
Os asistentes serán persoas ou colectivos que teñan un proxecto empresarial e queiran estudiar a súa viabilidade e coñecer os conceptos básicos da xestión económico-financeira dunha empresa.
O seminario consta de sete sesións de formación e asesoramento de proxectos. Nas seis sesións iniciais facilítaselle ó emprendedor a metodoloxía e as ferramentas necesarias para o desenvolvemento do seu propio plan de empresa. É por iso que o seminario vai dirixido a aqueles emprendedores que xa teñen clara a idea de negocio (definido o negocio, clientes, recursos necesarios, inversións, etc.) Na sesión de peche, os promotores deberán presentar o seu proxecto e entregar unha copia das fichas da memoria e do plan económico financeiro ós titores.
Como complemento a estas sesións cada proxecto terá ademais dúas horas de titoría personalizada. Deste xeito o emprendedor deberá traballar na elaboración do seu proxecto de empresa durante a realización do seminario e as titorías.
Os promotores que asistan ó curso deben ser os titulares ou co-titulares dos proxectos seleccionados: baixo ninguna circunstancia poderán acudir ó curso persoas alleas ós proxectos, xa que os detalles do negocio acostuman a ser alleos a terceiras persoas.
O seminario terá unha duración de 35 horas (mais dúas horas de titoría) e desenvolverase o 13, 14, 15, 21, 22, 23 de maio cunha xornada final de presentacións o 4 de xuño de 2002. Impartirase no Consorcio da Zona Franca de Vigo e terá carácter gratuíto.
Os interesados en inscribirse deben dirixirxe á Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo (Hispanidade, 17. 36203 VIGO- Tel. 986.423.366)
CONTACTO