Escoitar

”Vigo, cidade de concertos” serve de plataforma de lanzamento a grupos vigueses

venres, 3 mai 2002
imx1370.jpg
Presentación
A banda viguesa Amuart Kcohs e a polaca Myslovitz serán as teloneiras de Simple Minds na actuación que ofrecerán o 28 de maio no pavillón das Travesas dentro do programa ”Vigo, cidade de concertos” das concellerías de Festas e Xuventude.

Santiago Domínguez destacou que Amuart Kcohs é unha formación que vén colaborando coa Concellería de Xuventude tanto na programación de concertos das Noites Vivas como no Castro e nas salas de ensaio postas a disposición dos grupos vigueses. Aplaudiu tamén o feito de que ”Vigo, cidade de concertos” sirva de plataforma musical para aqueles grupos que están empezando. Isaura Abelairas, pola súa parte, sobranceou a creatividade musical desta banda.

Beni (baixo), Víctor (batería) e Gonzalo (guitarra) integran este grupo que pretende ”facer música, transmitila e experimentar con temas aéreos insertados en franxas sonoras encadeadas como unha viaxe, sen espacios baleiros, que vai confeccionando unha historia”.

Descargar todas as imaxes